1
00:00:19,359 --> 00:00:24,598
A primeira imaxe da que me falou foi
a de tres cativos nunha estrada en Islandia, en 1965.
2
00:00:32,277 --> 00:00:33,659
Dixo que para el esa era a imaxe da ledicia
3
00:00:33,666 --> 00:00:38,858
e tamén que tratara varias veces
de unila a outras imaxes, mais nunca funcionaba.
4
00:00:38,900 --> 00:00:44,430
El escribiume: un día terei que a
pór soa, ao comezo dun filme
5
00:00:44,450 --> 00:00:46,025
entre dúas imaxes completamente negras;
6
00:00:46,040 --> 00:00:50,020
así, se non ven a ledicia da imaxe,
polo menos verán a parte máis negra.
7
00:01:22,997 --> 00:01:25,933
El escribiu: Acabo de volver de Hokkaido,
a Illa do Norte.
8
00:01:27,030 --> 00:01:29,499
Xaponeses ricos e estresados.
Uns collen o avión, outros o ferri:
9
00:01:30,049 --> 00:01:33,558
agarda, inmobilidade, anacos de soño.
10
00:01:33,559 --> 00:01:36,355
Curiosamente, todo iso faime pensar
nunha guerra, pasada ou futura:
11
00:01:36,356 --> 00:01:42,187
trens nocturnos, incursións aéreas, refuxios atómicos,
fragmentos de guerra que se conservan intactos na vida diaria.
12
00:02:02,670 --> 00:02:04,274
Gustáballe a fraxilidade deses intres
suspendidos no tempo.
13
00:02:04,765 --> 00:02:08,006
Esas memorias coa única función
de estar deixando atrás nada máis ca memorias.
14
00:02:08,427 --> 00:02:13,197
El escribiu: estiven arredor do mundo varias veces
e agora, soamente me interesa a banalidade.
15
00:02:13,198 --> 00:02:17,034
Nesta viaxe seguín o seu rastro
coa implacabilidade dun cazador de recompensas.
16
00:02:20,094 --> 00:02:21,605
Ao mencer estaremos en Toquio.
17
00:02:46,000 --> 00:02:47,088
Adoitaba escribirme dende África.
18
00:02:48,020 --> 00:02:51,591
Comparaba o tempo africano co europeo,
e tamén co tempo asiático.
19
00:02:51,592 --> 00:02:55,713
Dicía que no século XIX
a humanidade aceptara o espazo,
20
00:02:55,714 --> 00:02:58,359
e que a gran cuestión do século XX era
...