1
00:00:19,600 --> 00:00:26,500
O QUE LEVA AS LABAZADAS
2
00:01:24,570 --> 00:01:38,500
Na agridoce comedia da vida,
díxose con sabedoría que o que
ri de último, ri mellor.
3
00:02:13,750 --> 00:02:20,200
Na vila do Barón Regnard en París,
Paul Beaumont, un científico descoñecido,
4
00:02:20,250 --> 00:02:28,700
traballa arreo para demostrar as súas abraiantes
teorías verbo da orixe da Humanidade.
5
00:02:34,550 --> 00:02:47,300
Durante anos loitara so e na miseria,
até que o Barón -de súpeto interesado
polo seu traballo- o convida á súa casa.
6
00:02:52,750 --> 00:03:02,300
Eran dúas as paixóns na vida do
científico: o seu traballo e a súa dona, María.
7
00:03:05,400 --> 00:03:11,200
O egrexio Barón Regnard,
un protector das Ciencias.
8
00:03:28,350 --> 00:03:31,700
"Eu son quen de demostrar
todas as miñas teorías".
9
00:03:42,200 --> 00:03:46,850
"Agora estou preparado para
me presentar ante a Academia"
10
00:03:54,450 --> 00:04:01,450
"Serei famoso e todo será
para ti, María, meu amor"
11
00:04:21,700 --> 00:04:26,300
"E a vostede, benfeitor meu,
como llo podería corresponder?"
12
00:04:41,900 --> 00:04:48,880
"Agora, Paul, debes descansar.
O Barón fará os preparativos
para a Academia".
13
00:07:13,900 --> 00:07:25,650
No día sinalado, Paul Beaumont
presentouse na Academia das
Ciencias -para o seu traballo ser xulgado-.
14
00:07:36,600 --> 00:07:41,900
Deixara que o seu influínte amigo,
o Barón, se fixese cargo do asunto.
15
00:08:57,456 --> 00:09:05,700
"Reveloulles todos os meus achádegos,
mais non chegou a dicir que fosen meus".
16
00:09:18,450 --> 00:09:23,900
"O Barón é o meu amigo;
dirá a verdade".
17
00:09:36,600 --> 00:09:42,850
"Este home tolea! Un estudante sedento
de gloria que collín de bolseiro!".
18
00:10:18,800 --> 00:10:24,000
O riso -o máis amargo e sutil
asasino da esperanza-.
19
00:11:26,600 --> 00:11:36,800
"Afrentoume, María. Eu mataríao,
mais eles esmendrellábanse,
...